![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/%25C3%259Cber_Land_und_Meer_-_Romanians_in_Transylvania%252C_1872.jpg/640px-%25C3%259Cber_Land_und_Meer_-_Romanians_in_Transylvania%252C_1872.jpg&w=640&q=50)
Pobo romanés
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os romaneses[16] (en romanés: români) son un grupo étnico que habita principalmente en Romanía que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a lingua romanesa. Autores importantes consideran que os moldovos tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en Moldavia.[17][18] Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.
Pobo romanés | |
---|---|
![]() Romaneses de Transilvania, 1872. | |
Poboación | |
Poboación total: c 24 000 000[1][2][3] | |
Rexións principais: | |
![]() | 16 792 868 (2011)[4] |
![]() | 73 276 (2004)[5] |
![]() | 1 151 395[6] |
![]() | 752 268[7] |
![]() | 452 718[8][9][10] |
![]() | 459 810[11] |
![]() | 205 600[12][13] |
![]() | 204 625[14] |
![]() | 200 000[15] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua romanesa |
Relixión | Igrexa ortodoxa (Igrexa ortodoxa romanesa) |
Grupos relacionados | Valacos, moldovos, arromaneses, meglenorromaneses e istriorromaneses |
Os romaneses son unha nación no sentido de ethnos (en romanés, neam); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala romanés como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa,[19] promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.[20]