![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/Territorio_dos_tolima.jpg/640px-Territorio_dos_tolima.jpg&w=640&q=50)
Pobo panche
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os panches ou tolimas son un pobo indíxena de fala caribe[2][4] que habitaban na actual Colombia. O seu territorio abranguía as partes suroccidentais de Cundinamarca e as partes setentrionais de Tolima, preto do río Magdalena. No tempo da conquista española, máis de 30 000 panches vivían no que despois se convertería no Novo Reino de Granada.[2] O coñecemento máis antigo sobre os panches foi recollido polo estudoso Pedro Simón. Segundo el, a verba panche na propia lingua dos panches quería dicir "cruel" e "asasino".[5]
Datos rápidos Poboación, Cundinamarca e Tolima ...
Pobo panche | |
---|---|
![]() Territorio histórico da cultura tolima. | |
Poboación | |
Poboación total: 55 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Cundinamarca e Tolima | 30 000 (ano 1537)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Caribe e castelán |
Relixión | relixión tribal tradicinal, catolicismo[3] |
Grupos relacionados | muzos, muiscas, sutagaos e pijaos |
Pechar