![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Oaxaca_ocho_venado.png/640px-Oaxaca_ocho_venado.png&w=640&q=50)
Pobo mixteco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mixtecos[3] (Ñuù savi) son un pobo indíxena que habita en México, na rexión coñecida como La Mixteca, en Oaxaca e Puebla así como na rexión montañosa de Guerrero. Os pobos mixtecos están divididos en tres grupos: os mixtecos altos pertencen á clase alta e son polo xeral ricos, os mixtecos baixos son polo xeral pobres, e os mixtecos da costa que viven na costa do pacífico de Oaxaca e Guerrero. A lingua mixteca forma unha póla principal da familia de linguas otomangueanas.
Pobo mixteco | |
---|---|
![]() O rei e guerreiro mixteco Oito Veado Gadoupa de Xaguar (dereita) con Catro Xaguar, nunha representación do Codex Zouche-Nuttall. | |
Poboación | |
Poboación total: Arredor de 830 000[1][2] | |
Rexións principais: | |
![]() | Oaxaca, Puebla, Guerrero e Chiapas |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua mixteca e castelán |
Relixión | catolicismo con elementos de crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | pobos zapotecas e pobo trique |
Nos tempos precolombianos, as cidades estado mixtecas competían entre elas e cos reinos zapotecos. A principal cidade mixteca foi Tututepec que conseguiu máis prominencia no século XI baixo o liderado de Oito Veado Gadoupa de Xaguar, o único rei mixteca que uniu as cidades das terras altas e baixas nun único estado. Ó igual que o resto de pobos indíxenas de México, os mixtecas foron conquistados polos invasores españois no século XVI. O número de mixtecas antes da conquista roldaba os 1,5 millóns.[4] Hoxe en día, o seu número é duns 800 000 en México, e tamén hai poboacións importantes nos Estados Unidos.