![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Mentawai_men.jpg/640px-Mentawai_men.jpg&w=640&q=50)
Pobo mentawai
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os mentawai (tamén chamados mentawei e mentawi) son un pobo nativo das Illas Mentawai, na provincia de Sumatra Occidental, Indonesia. O seu xeito de vida é semi-nómade e cazador-colleiteiro. Habitan nas zonas costeiras e selváticas das illas. A súa poboación estímase en arredor de 64 000 persoas. A lingua mentawai pertence á familia austronesia. Este pobo caracterízase pola súa espiritualidade, a súa arte corporal e a tendencia a limar os dentes, unha práctica que eles consideran estética e embelecedora.
Datos rápidos Poboación, Illas Mentawai, Indonesia ...
Pobo mentawai | |
---|---|
![]() Homes mentawai, 1895. | |
Poboación | |
Poboación total: 64 000[1] | |
Rexións principais: | |
Illas Mentawai, ![]() | 64 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Mentawai e indonesio |
Relixión | Cristianismo (predominante), animismo, xamanismo |
Grupos relacionados | pobo sakuddei |
Pechar