![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Map_of_Sierra_Nevada_de_Santa_Marta.png/640px-Map_of_Sierra_Nevada_de_Santa_Marta.png&w=640&q=50)
Pobo kankuamo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os kankuamos, tamén chamados kankuaka, kankui ou kankuané, son un pobo indíxena de Colombia que habita na área que abrangue dende as ladeiras meridionais da Serra Nevada de Santa Marta até o norte do departamento de Cesar, nos correxementos de Atánquez, Guatapurí, Chemesquemena, Los Haticos, La Minha e Río Seco.[2] O pobo kankuamo, cuxa poboación se estimou nunhas 15 000 persoas no ano 2006, falan o "sánha", unha variedade da lingua atanque da familia lingüística chibcha. As súas leis baséanse na natureza e consideran a Serra Nevada de Santa Marta, a montaña costeira máis alta do mundo, como sagrada. Na súa lingua nativa chámana Umunukunu.[3] Moitos kankuamo, a maioría deles comerciantes, non falan a súa lingua nativa.[4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Map_of_Sierra_Nevada_de_Santa_Marta.png/640px-Map_of_Sierra_Nevada_de_Santa_Marta.png)
Datos rápidos Poboación, Colombia ...
Pobo kankuamo | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 16 986 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | Serra Nevada de Santa Marta |
Aspectos culturais | |
Lingua | Castelán e kankuamo (lingua morta) |
Relixión | crenzas tradicionais |
Grupos relacionados | Pobo arhuaco, pobo kogui e pobo wiwa |
Pechar