From Wikipedia, the free encyclopedia
Os kanakas[2] son os indíxenas melanesios de Nova Caledonia. Segundo datos do 2009, a súa poboación ascende a 99.078 persoas e constitúen o 40.3% da poboación total de Nova Caledonia[3].
Pobo kanaka | |
---|---|
Mulleres kanakas. | |
Poboación | |
Poboación total: 104 958 (2014)[1] | |
Rexións principais: | |
Nova Caledonia e outras illas da Melanesia | 104 958 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas kanakas e francés |
Relixión | Animismo e Cristianismo |
Grupos relacionados | Insulares do estreito de Torres, papúa e aborixes australianos |
O termo utilizado nas linguas melanesias de Nova Caledonia, "kanak", ten a súa orixe na palabra kanaka que significa "home" en lingua hawaiana, e é usado en xeral polos habitantes indíxenas das Illas do Pacífico para se referir a eles mesmos. Os navegantes e mercadores europeos xeneralizaron o seu emprego, sobre todo na forma francesa «canaque», para referirse non só ós polinesios, senón tamén ós pobos de Melanesia e Micronesia.
En Nova Caledonia, o termo utilizouse por parte dos franceses de forma pexorativa. A partir da década de 1960 os movementos independentistas de Nova Caledonia apropiáronse do termo para referirse a si mesmos. Deste xeito, a nación kanaka denomínase Kanaky. Cunhas trinta linguas autóctonas diferentes, non existía unha denominación común para o país nin para a poboación melanesia de Nova Caledonia. O que antes se consideraba pexorativo, hoxe emprégase con orgullo e como símbolo de reivindicación cultural e emancipación política.
Son considerados tradicionalmente como un pobo melanesio. A súa instalación no arquipélago remóntase cando menos ós anos 1.000 e 1.500 a. C., coincidindo coa expansión austronesia en Oceanía. A datación baséase nos restos arqueolóxicos atopados en Nova Caledonia onde se atoparon os primeiros e principais xacementos pertencentes á cultura lapita.
Destaca o futbolista Christian Karembeu, xogador internacional da Selección de fútbol de Francia que gañou a Copa Mundial de Fútbol de 1998. Tamén atopamos ó futbolista Frédéric Piquionne que actualmente xoga de dianteiro na Premier League.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.