Pobo guane
pobo indíxena de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os guanes son un pobo indíxena de Colombia que viviron na área de Santander e no norte de Boyacá, ámbolos dous departamentos do centro do país. Eran un pobo labrego que falaba a lingua muisca e que cultivaba o algodón, o ananás e outros cultivos, e eran habelenciosos artesáns que traballan os téxtiles de algodón. Os guanes vivían ó norte do río Chicamocha, na área arredor do canón do Chicamocha dende Vélez no sur até Bucaramanga no norte.[2] Porén, outras fontes indican que o seu territorio non se estendía tan ó norte.[3] Guane, un correxemento de Barichara, Santander, era supostamente a capital dos guanes.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Territorio_dos_guanes.jpg/640px-Territorio_dos_guanes.jpg)
Datos rápidos Poboación, Colombia ...
Pobo guane | |
---|---|
Cranio de individuo pertencente ó pobo guane, con deformación ósea intencional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 200 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | Boyacá, Santander |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua muisca Castelán |
Relixión | Animismo |
Grupos relacionados | Muisca Lache U'wa Muzo |
Pechar