grupo étnico ruso de orixe mongol From Wikipedia, the free encyclopedia
Os calmucos[5] (en calmuco: Хальмгуд, Hal’mgud, en mongol: Халимаг, Halimag) son un grupo étnico de orixe mongol, cuxos antepasados migraron dende Dzungaria en 1607. Crearon o Khanato Calmuco entre os anos 1630 e 1724, no territorio do norte do Cáucaso ruso. No presente, son a etnia maioritaria da República dos Calmucos, en Rusia, que se asenta na costa oeste do mar Caspio.
Pobo calmuco | |
---|---|
Bailaríns tradicionais calmucos. | |
Poboación | |
Poboación total: c 196 000 | |
Rexións principais: | |
República dos Calmucos (Rusia) | 183 372[1][2] |
Kirguizistán | 12 000[3] |
Ucraína | 325[4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Calmuco e ruso |
Relixión | Maioría budista tibetana Minoría cristiá ortodoxa |
Grupos relacionados | Mongois e buriatos |
Por mor da emigración, existen pequenas comunidades calmucas nos Estados Unidos de América, Francia, Alemaña e a República Checa.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.