Pobo caiapó
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os caiapós[2] son pobo indíxena que habita nas chairas de Mato Groso e Pará, no Brasil, no sur da conca do Amazonas, do Xingu e dos seus tributarios.[1] Os caiapós chámanse a si mesmos "mebengokre", que quere dicir "pobo da fonte".
Pobo caiapó | |
---|---|
Raoni Metuktire, xefe caiapó. | |
Poboación | |
Poboación total: 8 638 (2010)[1] | |
Rexións principais: | |
Brasil | Mato Groso e Pará |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua caiapó[1] |
Relixión | animismo |
Falan a lingua caiapó, que pertence á familia de lingua jê. Os caiapós están divididos en varios grupos, o que resultou en diferentes dialectos da súa lingua. Os caiapó teñen unha alta consideración da oratoria, chamándose a si mesmos "os que falan fermosamente" (Kaben mei) cando se comparan con outros grupos indíxenas. Os caiapós teñen diferentes graos de coñecemento do portugués, dependendo dos diferentes grupos e da súa historia de contacto con foráneos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.