Platanus
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Platanus é o xénero ao que pertencen as árbores chamadas comunmente plátanos, da familia Platanaceae, nativas da Eurasia e de América do Norte. Son típicas dos climas subtropical e temperado. Polo xeral, son árbores de interese ornamental, podendo atinxir máis de 30 metros de altura. Posúen follas lobadas semellantes ás do pradairo común, que se tornan amareladas e avermelladas no outono antes de caeren no inverno, diferenciándose, porén, dos pradairos polas flores reunidas en inflorescencias globosas, en contraste cos amentos presentes nos pradairos, e tamén pola ausencia de resina nos plátanos, entre outras diferenzas estruturais menores.
Platanus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e froito do plátano común | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Species | |||||||||||||
Ver no texto |
O xénero Platanus comprende dez especies e varios híbridos, cultivados para fins ornamentais. Os exemplares máis antigos deste grupo datan do Cretáceo (ca. 115 millóns de anos).
Moitas veces, crese que a folla do plátano é a que está simbolizada na bandeira do Canadá. No entanto, a folla ilustrada é a de pradairo vermello; a confusión ocorre debido á semellanza física entre elas. As dúas árbores pertencen a xéneros diferentes: plátano (Platanus) e pradairo vermello (Acer).