Placa eurasiática
Placca tectónica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A placa eurasiática[1] é unha placa tectónica continental que abarca Eurasia, exceptuando o subcontinente indio, Arabia e parte de Siberia ao leste da cordilleira Verjoyansk.[2] Tamén inclúe a parte oriental do océano Atlántico Norte até a dorsal mesoatlántica, abarcando un territorio duns 67 800 000 km².[3] As placas coas que limita son:[2]
- Ao norte a placa norteamericana.
- Ao sur a placa africana, a placa arábiga e a placa indoaustraliana.
- Ao leste a placa pacífica, a placa filipina, a placa de Ojotsk e a placa Amuria.
- Ao oeste ten un bordo diverxente coa placa norteamericana, que dá orixe á mencionada dorsal atlántica.