![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Pyrrolysine-3D-balls.png/640px-Pyrrolysine-3D-balls.png&w=640&q=50)
Pirrolisina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A pirrolisina [1][2][3] (abreviada como Pyl ou O) é un aminoácido natural codificado xeneticamente utilizado por algúns procariotas (algunhas arqueas metanoxénicas e unha especie de bacteria), que forma parte de encimas que interveñen no metabolismo de produción de metano. Os eucariotas non o utilizan. É un aminoácido similar á lisina, pero cun anel de pirrolina engadido unido ao final da cadea lateral da lisina (concretamente leva un 4-metilpirrolina-5-carboxilato unido por enlace amida ao ϵN da lisina).[4][5] Prodúcese por unha aminoacil ARNt sintetase especial e utiliza un ARNt especial, e forma parte dun código xenético cun funcionamento especial propio deses procariotas, no cal un dos codóns de finalización da síntese proteica (UAG) codifica para a pirrolisina. Considérase o 22º aminoácido proteinoxénico.
Pirrolisina | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
N6-{[(2R,3R)-3-metil-3,4-dihidro-2H-pirrol-2-il]carbonil}-L-lisina | |
Identificadores | |
Número CAS | 448235-52-7 |
PubChem | 5460671 |
ChemSpider | 4574156 |
KEGG | C16138 |
ChEBI | CHEBI:58499 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C12H21N3O3 |
Masa molar | 255,31 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |