Pippi Mediaslongas (novela)
novela de 1945 escrita por Astrid Lindgren / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pippi Mediaslongas[1] (en sueco: Pippi Långstrump) é unha novela infantil sueca escrita por Astrid Lindgren, que foi publicada orixinalmente por Rabén & Sjögren con ilustracións de Ingrid Vang Nyman no ano 1945. Tense traducido a máis de 40 linguas, polo xeral con novas ilustracións. Foi traducido ó galego por David Álvarez Martínez e publicado pola editorial Kalandraka no ano 2016.[1]
Datos rápidos Pippi Mediaslongas, Título orixinal ...
Pippi Mediaslongas | |
---|---|
Título orixinal | Pippi Långstrump |
Autor/a | Astrid Lindgren |
Ilustrador/a | Ingrid Vang Nyman |
Orixe | Suecia |
Lingua | Sueco |
Colección | Pippi Mediaslongas |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Rabén & Sjögren Kalandraka |
Data de pub. | novembro de 1945 2016 |
Páxinas | 125 páxinas |
ISBN | ISBN 978-84-8464-339-5 (gl) |
Seguido por | Pippi Mediaslongas embarca |
Tradución | David Álvarez Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
En 2002, o Instituto Nobel clasificou a novela como unha das "100 mellores obras da literatura mundial", baseándose en centos de enquisas a autores de cincuenta e cinco países.