O pilro semipalmado (Calidris pusilla) é unha ave costeira moi pequena do xéneo Calidris. Ás veces é separado xunto con outras especies de pilros pequenos no xénero Erolia,, pero, aínda que estes forman un grupo aparentemente monofilético, o vello xénero no que inicialmente se clasificara esta especie era Ereunetes, proposto antes que Erolia. Porén, xeralmente é clasificado como un Calidris.
Pilro semipalmado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ereunetes pusillus (but see text) |
É un pilro pequeno, de 13 a 15 cm de longo, que pesa de 20 a 32 g.[2] Os adultos teñen patas negras e un bico recto, escuro, curto e robusto. O corpo é marrón agrisado escuro na pare superior e branco na inferior. A cabeza e pescozo son marróns agrisados claros. Pode ser difícil de distinguir doutros pilros pequenos similares, especialmente do pilro de Mauri.
O seu hábitat de reprodución é a tundra sur do Canadá e Alasca preto da auga. Aniñan no chan. O macho escava varias depresións pouco fondas e a femia escolle unha, fórraa de herba e outros materiais e pon catro ovos. O macho axuda a incubar. Uns poucos días despois a femia abandona os pitos co pai; as crías aliméntanse por si soas.
Comen en chairas lamacentas, capturando a comida usando a vista e sondando co seu sensible peteiro. Esta consiste principalmente en insectos e crustáceos.
Son aves migradoras de longa distancia e pasan o inverno nas costas de Suramérica e algunhas no sur dos Estados Unidos. Migran en bandadas de centos de miles, especialmente en zonas de alimentación favorables como a baía de Fundy e a baía de Delaware. Esta especie é unha rara pero regular ave errante no oeste de Europa.
Aínda que son moi numerosas, estas aves son moi dependentes duns poucos hábitats clave onde fan escala durante as súas migracións, notablemente Mary's Point e Johnson's Mills na baía de Shepody, un brazo da baía de Fundy.[3] Durante os meses de xullo e agosto, a Nature Conservancy of Canada mantén un centro de información sobre estas aves en Johnson's Mills, Nova Brunswick.[4]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.