xuíza e política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Pilar Llop Cuenca, nada en Madrid o 3 de agosto de 1973, é unha xuíza e política española, especialista en violencia de xénero, deputada da Asemblea de Madrid dende 2015, senadora por designación autonómica dende xullo de 2019 e presidenta da Cámara Alta dende decembro do mesmo ano.[1]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
De familia humilde, o seu pai, nado en Barcelona, era taxista[2] e a súa nai, nada en Madrid de orixe asturiana, era perruqueira.[3][4] Licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Tamén é especialista en tradución xurídica inglés-español pola Universidade de Alacant. Foi estudante Erasmus durante o último ano da súa licenciatura na Universidade de Viena e fala inglés, alemán e francés, ademais de saber italiano e búlgaro.[4]
Formouse en Barcelona na Escola Xudicial e cando ingresou no poder xudicial por oposición, en 1999, un dos seus primeiros destinos foi o xulgado número 1 de Mataró; momento no que tiña a súa residencia en Xirona.[2]
Dende 2001, estivo destinada a diferentes lugares como xuíza instrutora, posto no que entrou en contacto coa trata e a violencia contra as mulleres. En 2004, foi ascendida a maxistrada e comezou a tomar contacto coa perspectiva de xénero e a formarse, asistindo voluntariamente a cursos organizados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre violencia de xénero e igualdade, segundo explicou nalgunhas entrevistas ao dar o paso á política.
En 2009, accedeu a un xulgado especializado en violencia de xénero. De 2011 a 2015 foi avogada no Gabinete Técnico do Consello Xeral do Poder Xudicial, con responsabilidades como a xefa da Sección do Observatorio da Violencia Doméstica e de Xénero,[2] Secretaria da Comisión de Igualdade, Secretaria do Foro de Xustiza e Discapacidade e Secretario do Comité de Dirección do Consello Xeral do Poder Xudicial. O seu derradeiro destino xudicial antes de se incorporar á política, foi o xulgado de violencia de xénero número 5 de Madrid.[4][5]
Entre 2006 e 2007, Llop compaxinou a súa carreira como maxistrada coa de consultora internacional e traballou para a Comisión Europea na Dirección Xeral de Cooperación Internacional (AIDCO) de Bruxelas, encargada de xustiza, dereitos humanos e asuntos das ONG; así como en diversos proxectos internacionais en países en preadhesión á Unión Europea. De xullo de 2009 a decembro de 2010 traballou en Bulgaria como asesora residente no proxecto de irmandamento para fortalecer o sistema xudicial búlgaro e, en 2017, estivo na República Dominicana dentro dun proxecto da Unión Europea para apoiar e potenciar o Ministerio da Muller dominicano.[6]
En 2015, anunciou o seu paso á política como candidata a deputada autonómica no número 8 da lista do PSOE para as eleccións á Asemblea de Madrid de 2015[7][8] na candidatura de Ángel Gabilondo.[2][3] Foi a número 8 da lista e obtivo un escano. Na 10ª lexislatura da Asemblea de Madrid, foi o portavoz da Comisión de Xustiza e da Comisión de Estatuto de Autonomía, Regulamento e Estatuto Adxunto, ademais de membro do Consello Permanente.
En abril de 2016, anunciouse que sería o número dous da lista do PSOE por Madrid, que sería encabezada por Pedro Sánchez, en substitución de Meritxell Batet, que pasaría á cabeza da lista por Barcelona, [9]mais, finalmente o posto foi ocupado por Margarita Robles.[10] En xullo de 2018, foi nomeada delegada do goberno para a violencia de xénero en substitución de María José Ordoñez.[2][5][11][12] Deixou o seu posto en abril de 2019, tras anunciar a súa intención de presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid en 2019, sendo elixida en maio. En xullo, a Asemblea de Madrid nomeouna senadora rexional.[13] Converteuse en senadora o 11 de xullo de 2019 e o 31 de xullo o seu grupo parlamentario asignouna ás comisións de Igualdade, Xustiza, Xerais das Comunidades Autónomas e Defensa,[11] sendo elixida presidenta desta última.[14] Despois da repetición electoral das elección xerais de novembro de 2019, Llop foi elixida presidenta da Cámara Alta por 130 votos a favor.[15]
É independente, non está afiliada ao PSOE, por ser incompatible co seu exercicio como xuíza[15] e está afiliada á asociación xudicial Jueces para la Democracia.[4]
Defende a necesidade de que os xuíces e fiscais que manexan procesos de violencia de xénero teñan formación especializada en perspectiva de xénero; de xeito, que cando os casos cheguen a eles se afasten dos estereotipos.[6] Está a favor de reformar e adaptar os delitos contra a liberdade sexual á complexidade xurídica. Respecto da sentenza contra La Manada, sinalou que o medo é un elemento esencial para considerar que hai intimidación: "o Tribunal Supremo di que para que haxa intimidación a ameaza debe estar de palabra ou de feito. O medo é un elemento esencial. E o medo vicia calquera consentimento. Sempre".[16]
Está casada e ten unha filla.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.