Pieris napi
especie de insecto / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pieris napi é unha bolboreta de tamaño mediano-pequeno (machos entre 4,5 e 5, e femias entre 4 e 5 cm de envergadura), de anverso branco con manchas negras e reverso con nervios verdosos, e con dimorfismo sexual. Pertence á familia Pieridae e foi descrita por Carl von Linné en 1758.[1]
- Pieris napi ♂
- Pieris napi ♂ △
- Pieris napi ♀
- Pieris napi ♀ △
Pieris napi | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pieris napi: sup. hembra; inf. macho, izda. anverso y dcha. reverso. | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
'Pieris napi' (Linneo, 1758) | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
ver el texto |
O seu epíteto xenérico fai referencia a Pieria, lugar onde naceron as musas e Orfeo, da mitoloxía grega. O específico fai referencia ao nabo ou colza (Brassica napus).[2]
É unha bolboreta común e localmente abundante distribuída por África, Europa e Asia, que voa en zonas húmidas con moitas flores, en marxes de bosques e bosques de ribeira.[3] O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas e libro vermello dos invertebrados ameazados de España.[4]