Pico (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pico (do grego antigo Πἳκος Pikos) era, na mitoloxía romana, unha divindade profética, descrito como fillo de Saturno ou de Sterculus, marido da ninfa Canente e pai de Fauno.[1] Nalgunhas tradicións considerábase o primeiro rei do Lacio,[2] pois seu fillo Fauno foi pai de Latino, o rei dos laurentinos contra quen loitaron Eneas e os troianos, e a quen logo se uniron.
Foi un famoso adiviño e augur, e, como facía uso nestes mesteres dun picus (‘peto’), recibía tamén este nome el mesmo. Representábase de forma ruda e primitiva como un piar de madeira cun peto sobre el, e máis tarde como un home novo cun peto sobre a cabeza.[3] Toda a lenda de Pico está baseada na noción de que o peto é un paxaro profético, consagrado a Marte. Dicíase que Pomona estaba namorada del, e que cando o amor que Circe lle profesou non foi correspondido, esta transformouno en peto, que aínda así retivo os poderes proféticos que posuía como home.[4]