político eslovaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Pellegrini, nado en Banská Bystrica o 6 de outubro de 1975, é un político eslovaco que foi primeiro ministro de Eslovaquia dende 2018 ata 2020.
Antes foi vicepresidente e ministro de educación e ciencia, ademais de pasar dous anos como voceiro do Consello Nacional de Eslovaquia.
Estudou na Facultade de Económicas da Universidade Matej Bel e na Universidade Técnica de Košice, centrándose na banca, o investimento e por último as finanzas.[1] Entre 2002 e 2006 traballou como economista e posteriormente asesor do membro do Consello Nacional para a Privatización e Economía Ľubomír Vážny, apoiado por ĽS-HZDS, SNS e Smer-SD.[1]
Nas eleccións parlamentarias de 2006 foi elixido deputado do Consello Nacional polo partido Dirección-Socialdemocracia. Nas eleccións de 2010 foi reelixido, e unha vez máis nas eleccións de 2012.[1]
Entre 2012 e o 3 de xullo de 2014 foi secretario de Estado de Facenda. Máis tarde converteuse en ministro de Educación e Ciencia.[2] O 25 de novembro de 2014, foi elixido voceiro do Consello Nacional, sucedendo a Pavol Paška.[2] En 2015 foi nomeado campión dixital de Eslovaquia, un cargo designado pola Unión Europea para promover os beneficios dunha sociedade dixital inclusiva.[3] Pellegrini converteuse en 2016 en viceprimeiro ministro para investimentos, durante o terceiro goberno de Robert Fico.[4]
Pellegrini xurou como primeiro ministro de Eslovaquia despois de que o seu antecesor, Robert Fico, dimitise o 15 de marzo de 2018 tras o asasinato do xornalista Ján Kuciak.[5][6] O presidente Andrej Kiska aprobou o goberno de Pellegrini o 21 de marzo de 2018,[7] e 81 membros do Consello Nacional votaron a favor do goberno a semana seguinte.[8]
En abril de 2019, Pellegrini asumiu temporalmente o papel de ministro de finanzas cando Peter Kažimír marchou para converterse en gobernador do Banco Nacional de Eslovaquia.[9]
En setembro, tras negarse a destituír a unha viceministra sospeitosa de estar relacionada co asasinato de Kuciak, a oposición presentou unha moción de censura contra el. A moción non conseguiu os votos necesarios para destituír ao goberno.[10]
Pellegrini ten raíces italianas.[11] O seu bisavó Leopoldo Pellegrini foi ao Imperio Austrohúngaro para participar na construción do ferrocarril entre Levice e Zvolen. Despois decidiu instalarse en Lehôtka pod Brehmi, no distrito de Žiar nad Hronom, despois de namorarse dunha moza local, Maria Kunovská.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.