biólogo e profesor universitario estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Agre, nado o 30 de xaneiro de 1949 en Northfield, Minnesota (Estados Unidos), é un biólogo e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2003.
Estudou bioloxía no Augsburg College de Minneapolis, realizando un máster en 1974 na Universidade Johns Hopkins de Baltimore, onde foi profesor desde 1981. Desde 2005 é ademais vicerector da Universidade de Duke.
Interesado nas características da membrana celular, traballou no descubrimento da acuaporina, unha proteína integral que forma parte dos poros da membrana e que é permeable á auga, mediante a técnica da "canle de auga".
En 2003 foi galardoado co Premio Nobel de Química xunto con Roderick MacKinnon. Ambos os científicos foron galardoados polos descubrimentos referentes ás canles en membranas celulares, aínda que Agre o foi especialmente polo descubrimento da canle de auga, e MacKinnon polos estudos estruturais e mecánicos das canles iónicas.
Predecesor: John Fenn, Koichi Tanaka e Kurt Wüthrich |
Premio Nobel de Química 2003 con Roderick MacKinnon |
Sucesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.