![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Vernet_Luis_10_Pesos.png/640px-Vernet_Luis_10_Pesos.png&w=640&q=50)
Peso das Illas Malvinas
papel moeda que circulou nas Illas Malvinas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O peso das Illas Malvinas foi unha especie de papel moeda a modo de nota promisoria emitido nas Illas Malvinas durante o mandato do comandante Luis Vernet, antes da súa invasión e colonización por parte do Imperio Británico. Imprimíronse arredor de 1828 e estiveron en circulación ata xaneiro de 1833, ano da invasión británica. Vernet, que foi nomeado comandante político-militar do arquipélago por parte das Provincias Unidas do Río da Prata (a actual Arxentina) en 1829, pagaba os traballadores asalariados nas illlas con estes billetes, que só tiñan validez nas illlas.[1][2]
Peso das Illas Malvinas † | |
---|---|
![]() | |
Ámbito: | Illas Malvinas ![]() |
Fracción: | |
Moedas: | Non. |
Billetes: | 1, 2, 5, 10 pesos |
Emisor: | Goberno de Luis Vernet. |