![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Vikos_Gorge.jpg/640px-Vikos_Gorge.jpg&w=640&q=50)
Periferia de Epiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
A periferia de Epiro (en grego: Περιφέρεια Ηπείρου, Periféreia Ipeírou) é unha das actuais trece periferias de Grecia, que comprende unha rexión xeográfica e tradicional do noroeste do país.[1] Limita ao leste coas actuais periferias de Macedonia Occidental e Tesalia; ao sur, coa periferia de Grecia Occidental; ao oeste, co mar Xónico e a periferia de Illas Xónicas; e ao norte, con Albania. É parte da rexión histórica máis ampla de Epiro, que se estende polas actuais Albania e Grecia, aínda que principalmente dentro de territorio grego.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia ![]() | ||||
Capital | Ioannina ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 319.991 (2021) ![]() | ||||
Lingua usada | lingua grega moderna ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 9.203,22 km² ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexandros Kachrimanis ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GR-D ![]() | ||||
Código NUTS | EL54 ![]() | ||||
Páxina web | php.gov.gr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
A súa capital é a cidade de Ioannina. A periferia ten unha superficie de 9203,22 km² e no censo de 2011 contaba con 336 856 habitantes.
Desde a reforma administrativa do plan Calícrates de 2011, a rexión é parte da diocese descentralizada de Epiro-Macedonia occidental.