From Wikipedia, the free encyclopedia
O perióstraco,[1][2] (en latín científico periostracum; plural periostraca), é a capa máis externa da cuncha dos moluscos e dos braquiópodos. É unha película de espesor variábel, composta unicamente de materia orgánica.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Trátase dunha delgada capa orgánica ou "pel". Nos moluscos está presente principalmente en caracois e ameixas, é dicir, en gasterópodos e bivalvos, pero tamén se encontra nalgúns cefalópodos Allonautilus scrobiculatus. O perióstraco é parte integral da cuncha, xunto coas outras capas dela.
É visíbel como a capa externa da cuncha de moitas especies de moluscos de hábitats de auga doce, mariños e terrestres.
O termo perióstraco está formado polos elementos do latín científico peri-, calco do grego antigo περι- peri-, do adverbio περί perí, 'ao redor de', e -ostracum, neutro tirado do grego antigo ὄστρακον óstracon, 'vasilla de barro', 'anaco dunha vasilla rota'; e tamén 'cuncha'.[1][3][4] (O termo óstracum, nos dous primeiros significados, úsase en arqueoloxía; no terceiro, en malacoloxía).
O perióstraco dos moluscos está formado por polisacáridos e unha proteína, a conquiolina, que son segregadas polo manto. Adoita ser de cor amarela ou parda, ás veces negra nalgunhas especies. En xeral, é dunha cor diferente da capa subxacente. Está comunmente ausente nunha parte da cuncha, en particular nas zonas máis antigas, polo que se ven as partes acabadas de sintetizar.
Nos braquiópodos o perióstraco está formado por quitina, e é segregado por células situadas no bordo do manto. Estas células son empuxadas cara á parte periférica do manto por células novas e, daquela, segregan a parte mineral da valva.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.