A perestroika[1] (en ruso: перестройка) foi, en conxunto coa Glasnost, unha das políticas introducidas na Unión Soviética por Mikhail Gorbachev, en 1985. A palabra perestroika, que literamente significa reconstrución, gañou a conotación de 'reestruturación económica'. Gorbachev percibiu que a economía da Unión Soviética estaba a fallar e sentiu que o sistema socialista, a pesar de que non necesitaba ser substituído, certamente necesitaba dunha reforma, e isto sería levado a cabo polo proceso da perestroika. Unha chave principal da perestroika era reducir a cantidade de diñeiro gastado na defensa nacional, e para facer iso Gorbachev sentiu que a Unión Soviética debería:
- Desocupar Afganistán.
- Negociar cos Estados Unidos de América a redución de armamento.
- Non interferir noutros países comunistas (A Doutrina Sinatra).
En contraste coas reformas económicas da República Popular da China, a perestroika é longamente avaliada como tendo fallado no seu obxectivo principal de reestruturar a economía soviética. As razóns para o seu fracaso foron examinadas por moitos economistas e historiadores, incluíndo Merle Goldberg. Unha das razóns citadas para ese fracaso foi a incapacidade na promoción da creación de entidades económicas privadas e semi-privadas e a indisposición de Gorbachev en relación a unha reforma na agricultura soviética. Outra posíbel razón sería a mala vontade dos altos oficiais do Partido Comunista da Unión Soviética (a liña dura) e da facción liberal apoiada polos EUA, que tiña como principal líder a Boris Eltsin, en aceptar as medidas da Perestroika. En canto aos primeiros non querían mudanzas, os últimos querían que elas acontecesen máis rapidamente. Iso xerou forte oposición ao proxecto da Perestroika. Contrariamente ás reformas de Deng Xiaoping na China, a perestroika non só fallou o propósito de traer benefícios económicos inmediatos para a maioría das persoas, senón que tamén ao desmantelar a economía planeada creou o caos económico, o que constituíu un factor importante para o colapso da Unión Soviética.
- "perestroika". TERGAL. Consultado o 22/11/2019.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.