Peninos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Peninos (Pennines en inglés) son unha formación montañosa situada entre o sur de Escocia e o norte de Inglaterra. Adoitan chamarse "a columna vertebral de Inglaterra".[1][2][3] Os Peninos forman unha cadea continua que se estende desde Midlands, pasando polos Yorkshire Dales, partes de Manchester, ata o leste de Lancashire e Cumbria, perdéndose nos Cheviot Hills, na fronteira escocesa. A súa lonxitude total é de aproximadamente 250 millas, uns 400 quilómetros.