![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Pembroke_Main_Street_from_the_castle.jpg/640px-Pembroke_Main_Street_from_the_castle.jpg&w=640&q=50)
Pembroke
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pembroke (en galés: Penfro) é unha comunidade de 7552 habitantes[1], antiga sede do do condado de Pembrokeshire, no oeste de Gales. Sitúase no sur da liña Landsker que separa a área de lingua galesa, ao norte, da anglofalante no suroeste galés, onde o inglés é a lingua da poboación desde hai séculos e coñecido en galés como Sir Benfro Saesneg (Pembrokeshire inglés)[2], aínda así 16,4% da poboación amosa coñecementos de galés, e un 10,6% afirman que poden falalo[3], con altas incidencias nos menores de 25 anos[4]. No castelo de Pembroke, construído polo normando Roger de Montgomerie durante a invasión normanda de Gales naceu Henrique VII de Inglaterra.
Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
País | Gales | ||||
Área principal | Sir Benfro ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | SA71 ![]() | ||||
Prefixo telefónico | 01646 ![]() | ||||
Páxina web | pembroketown.org.uk ![]() |
Pechar