![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Scythian_comb.jpg/640px-Scythian_comb.jpg&w=640&q=50)
Peite
From Wikipedia, the free encyclopedia
O peite,[1] pente[2] ou pieite[3] é un utensilio plano con púas que serve para arranxar, desenredar e limpar o cabelo ou compor outras fibras. Existen diferentes modelos, que varían no número e grosor das púas, segundo o tipo de cabelo ou fibra que se desexe arranxar. Os peites fabricábanse outrora en cuncha de tartaruga carei pero ao estar prohibida a caza da tartaruga, agora os materiais máis habituais son o plástico e a madeira.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/Scythian_comb.jpg/640px-Scythian_comb.jpg)
Existen os seguintes tipos de peites:
- Peites de púas anchas. Úsanse para peitear cabeleiras con moito pelo e para definir os rizos.
- Peites de púas estreitas. Son útiles para peitear o cabelo mollado.
- Peites mixtos, que combinan púas anchas e estreitas. Poden usarse indistintamente unhas ou outras simplemente dándolle media volta ao peite.