![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/62/Peggy_Whitson_Friday_at_the_Smithsonian%2527s_National_Air_and_Space_Museum_on_March_2%252C_2018_%2528cropped%2529.jpg/640px-Peggy_Whitson_Friday_at_the_Smithsonian%2527s_National_Air_and_Space_Museum_on_March_2%252C_2018_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Peggy Whitson
astronauta estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Peggy Annette Whitson, nada en Mount Ayr (Iowa) o 9 de febreiro de 1960, é unha investigadora bioquímica estadounidense. Foi astronauta xefa da NASA ata que en xuño de 2018 anunciou a súa retirada sendo a estadounidense que máis días estivo en órbita: 665 días, 22 horas e 22 minutos.[1] A súa primeira misión espacial foi en 2002, cunha estancia estendida a bordo da Estación Espacial Internacional como membro da Expedición 5.[2] A súa segunda misión foi o 10 de outubro de 2007, cando foi a primeira comandante muller da Expedición 16.[3] Coas súas dúas estancias de longa duración a bordo da ISS, Whitson é a máis experimentada astronauta muller da NASA, e a que ostenta a marca de cantidade de días no espazo entre todos os astronautas da NASA.[4] Iso colócaa vixésima novena entre todos os aviadores espaciais. En 2017, Whitson converteuse na primeira muller astronatuta en comandar a Estación Espacial Internacional en dúas ocasións.[5]