economista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
FPaul Anthony Samuelson, nado o 15 de maio de 1915 e finado o 13 de decembro de 2009, foi un economista norteamericano que recibiu o Premio Nobel de Economía en 1970.
Paul Anthony Samuelson naceu en Gary, Indiana, o 15 de maio de 1915, no seo dunha familia xudía, aínda que non practicante. Estudou economía na Universidade de Chicago na que se graduou en 1935. Doutorouse na Universidade Harvard en 1941 so a supervisión de Joseph Schumpeter e Wassily Leontief. Foi profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e membro da Econometric Society, da American Economic Association e da International Economic Association.
A súa obra máis importante é Foundations of Economic Analysis (Fundamentos de Análise Económica, 1947), que se considera coma unha das obras fundamentais das ciencias económicas modernas, que desenvolve en termos matemáticos. É tamén autor dun manual de economía moi coñecido, Economics: An Introductory Analysis (Economía: unha análise introdutoria, 1948). O seu traballo ten sido cualificado como a "grande síntese neoclásica" de John Maynard Keynes e os seus antecesores.
Samuelso estudou tamén o dominio da teoría dos xogos e a programación lineal (Linear Programming and Economic Analysis, 1958, en colaboración con Robert Dorfman e Robert Solow); a economía do benestar e a análise da dinámica económica. Foi un dos un dos economistas que desenvolveu as curvas de indiferenza, que permiten o estudo da utilidade marxinal. Ocupouse aínda dos problemas da economía real.
Foi asesor dos presidentes norteamericanos John Fitzgerald Kennedy e Lyndon Baynes Johnson. En 1970 recibiu o Premio Nobel de Economía pola análise dos procesos económicos e o desenvolvemento dinámico de modelos de decisión económica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.