compositor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Paul Dukas, nado en París o 1 de outubro de 1865[1] e morto na mesma cidade o 17 de maio de 1935, foi un compositor francés da escola impresionista.
Comezou a tocar o piano aos 5 anos pero non sentiu a súa vocación até os 14. En 1881 ingresou no Conservatorio de París[2] na clase de harmonía de Théodore Dubois. Desta época proceden algunhas páxinas inéditas: Un Air de Clytemnestre (1882) e Ouverture du Roi Lear (1883). En 1884 escoitou por primeira vez na orquestra o seu Ouverture pour Götz von Berlichingen. Ao ano seguinte foi admitido como alumno de composición de Ernest Guiraud e en 1886 obtivo un 1º Premio de contrapunto e fuga. En 1888 conseguiu o segundo Premio de Roma pola súa Cantata Velléda, pero negáronlle o primeiro Gran Premio ao ano seguinte, entón abandonou o conservatorio e dedicouse seriamente ao seu traballo. Escribiu tamén moitos artigos en revistas, que foron reunidos en 1948 baixo o título Escrits sur musique de Paul Dukas. Foi amigo e conselleiro de Isaac Albéniz[3][4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.