![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/Malawi_location_map.svg/langgl-640px-Malawi_location_map.svg.png&w=640&q=50)
Patrimonio da Humanidade en Malaui
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Malaui, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Malaui ratificou a convención o 5 de xaneiro de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Flag_of_Malawi.svg/640px-Flag_of_Malawi.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Welterbe.svg/55px-Welterbe.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bc/UNESCO_logo.svg/320px-UNESCO_logo.svg.png)