Patriarca de Alexandría
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patriarca de Alexandría é o arcebispo de Alexandría, sucesor do apóstolo San Marcos. Historicamente, é detentor tamén do título de Papa, que, segundo a perspectiva ortodoxa, foi entregado primeiramente a este bispado, e máis tarde ao de Roma. Co tempo, o patriarcado sufriu varios cismas e actualmente existen catro líderes de igrexas con este título:
- O Patriarca Copto Ortodoxo de Alexandría, líder da Igrexa Ortodoxa Copta. Ostenta o título oficial de Súa Santidade, Papa de Alexandría e de todo o Exipto, da Nubia, da Etiopía e da Pentápole e Patriarca de todo o mundo evanxelizado por San Marcos Actualmente o título recae en Shenouda III, cuxa igrexa ten sede no Cairo.
- O Patriarca Grego Ortodoxo de Alexandría, líder da Igrexa Ortodoxa de Alexandría, Exipto e toda a África. Actualmente o patriarca é Teodoro II, cuxa igrexa ten sede en Alexandría.
- O Patriarca Greco-Melquita de Antioquía e de todo o Oriente, Alexandría e Xerusalén, líder da Igrexa Greco-Católica Melquita. Actualmente, o Patriarca é Gregorio III Laham, cuxa igrexa ten sede no Cairo.
- O Patriarca Copto Católico de Alexandría, líder da Igrexa Católica Copta. Antonio Naguib é o actual patriarca, e a súa igrexa ten sede no Cairo.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |