Patróns de moiré
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física, matemáticas, arte e artes gráficas os patróns moiré ou de moiré[1] son uns patróns de interferencia que ocorren cando se pode atopar un patrón opaco con ocos ou baleiros transparentes sobre outro patrón semellante.[2] Para que apareza tal interferencia, os dous patróns non deben de ser completamente idénticos, senón estaren máis ben desprazados, rotados ou cun ton lixeiramente diferentes.
- Efecto moiré cando superposición de dous patróns de puntos do mesmo ton, pero desprazados
As liñas poden ser as fibras dun tecido de moiré (as que lle dan nome ao efecto), liñas simples na pantalla do ordenador, ou en acetatos, en liñas de varas etc. O sistema visual humano crea a ilusión de bandas escuras e claras que se superpoñen ás liñas finas que realmente forman o trazado.
- Patrón de Moiré que aparece nas capturas de pantalla LCD
- Detalle dun micrómetro
- A distancia entre os dous valados da ponte crea o patrón moiré.
Estes patróns aparecen en situacións moi diversas. Na impresión sobre papel ou outros soportes, o patrón en puntos pode interferir coa imaxe. Na foto dixital e na televisión, o patrón dun obxecto fotografado pode interferir coa forma dos sensores de luz e xerar artefactos non desexados. Ás veces pódense crear deliberadamente: en micrómetros (instrumentos de medida) úsanse para amplificar efectos de movementos moi pequenos. Tamén se poden formar patróns complexos superpoñendo figuras de liñas curvas e entrelazadas. [3]
- As liñas que forman o ceo crean patróns cando se mostran nalgunhas resolucións.
- Moiré ben visible nesta fotografía das plumas dun papagaio (máis pronunciado na imaxe a tamaño completo)
- Moiré visto nunha gaiola no zoo de San Francisco
- Patrón de Moiré visto nun reloxo dixital
- Dous conxuntos de paralelas, inclinados 5º entre si.
- Efecto de moiré nos ladrillos.
Os patróns de moiré poden considerarse 'artefactos' no contexto de gráficos por computadora e de infografías, xa que poden aparecer durante o proceso de captura dunha imaxe dixital (por exemplo, durante a dixitalización ou escaneo dunha imaxe con moito detalle) ou durante a xeración dunha imaxe sintética en 3D.
En física, a súa manifestación é a interferencia de ondas como a que se ve no experimento de dobre fenda e o fenómeno da batida acústica. Os patróns de moiré tamén poden ser útiles no contexto do estudo da fatiga material. Unha reixa obtida a partir dun material intacto pode superpoñerse a outra obtida a partir do mesmo material baixo tensión e grazas aos patróns de moiré pódense facer pequenos cambios, xa que o patrón de moiré é moito máis ostensíbel do que as diferenzas elásticas do material.