From Wikipedia, the free encyclopedia
A patinaxe artística sobre xeo é un deporte no que individuos, dúos, ou grupos realizan figuras con patíns sobre o xeo. Foi o primeiro deporte de inverno incluído nas Olimpíadas, en 1908.[1] Existen catro disciplinas olímpicas: individual masculina, individual feminina, parellas e danza. As disciplinas non olímpicas inclúen a sincronizada, cuartetos ou a acrobática. Desde o nivel intermedio os patinadores xeralmente realizan dous programas (curto e longo) que, dependendo da disciplina, poden incluír piruetas, saltos, secuencias de pasos, levantamentos, saltos lanzados, espirais da morte e outros elementos ou movementos. O organismo encargado da súa regulación é a Unión Internacional de Patinaxe.
O patín consta dunha bota, semellante á utilizada para a patinaxe artística sobre rodas e unha folla cun conxunto de grandes dentes afiados na súa parte frontal e que se utilizan principalmente no salto. A folla móntase na sola e na calcañeira da bota con parafusos.[2] As botas adoitan ser predominantemente de coiro, ao ter a cualidade de axeitarse gradualmente ao pé, o que proporciona un control máis preciso dos botíns, As solas dos patíns modernos habitualmente inclúen materiais plásticos máis lixeiros para reduciren o peso do patín, secasí os patíns utilizados para saltos multirotacionais teñen un acabado moi ríxido[3] para proporcionaren unha mellor subxección lateral nos tornecelos. Pódense usar patíns de calquera cor, e é abondo común tapalos con medias, pantalóns ou fundas de cores para adaptalos ao tema do programa ou ao atavío do patinador. Ata as primeiras décadas do século XX tódolos patinadores, homes e mulleres, levaban patíns escuros, non obstante algunhas patinadoras famosas, en especial Sonja Henie popularizaron o uso de patíns brancos para as mulleres[4][5], converténdose nunha tradición malia non estar incluída en norma ningunha.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.