![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Lettre-de-marque2.png/640px-Lettre-de-marque2.png&w=640&q=50)
Patente de corso
From Wikipedia, the free encyclopedia
A patente de corso (do latín cursus, «carreira») era un documento entregado polos monarcas das nacións ou os alcaldes das cidades (no seu caso as corporacións municipais) polo cal o seu propietario tiña permiso da autoridade para atacar barcos e poboacións de nacións inimigas. Desta forma o propietario convertíase en parte da mariña do país ou a cidade expendedora.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Lettre-de-marque2.png/320px-Lettre-de-marque2.png)
As patentes de corso foron moi utilizadas na Idade Media e na Idade Moderna cando as nacións non podían custearse mariñas propias ou non o suficientemente grandes. Desta forma Francia e Inglaterra utilizáronas amplamente e España fixo uso delas moi tardiamente e en poucas ocasións.[Cómpre referencia] Tamén foron utilizadas polas nacións americanas durante as guerras de Independencia. Abolíronse en 1856 no Tratado de París, que deu fin á guerra de Crimea.