Paséridos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os paséridos (Passeridae) son unha familia de aves paseriformes denominados comunmente pardais, pardaos ou gorrións[1] e tamén ás veces pardais do Vello Mundo,[2] para diferencialos dos pardais do Novo Mundo, que conforman a familia dos emberícidos.[3]
- Non confundir coa infraorde dos Paséridos (Passerida).
Paséridos Passeridae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pardal común macho (Passer domesticus) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||
|
A familia componse de 48 especies repartidas en 11 xéneros, das que a máis coñecida é o pardal común, Passer domesticus, que está adapatada ao hábitat urbano e vive en todos os continentes, a excepción da Antártida, porque foi introducida polo ser humano na maior parte deles.
Moitas especies aniñan en edificios e, en particular o pardal común e o orelleiro (Passer montanus) habitan nas cidades en grandes cantidades, de maneira que os pardais pode que sexan as máis coñecidas de todas as aves silvestres.