![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/San_Juan_de_Pasto_de_noche.jpg/640px-San_Juan_de_Pasto_de_noche.jpg&w=640&q=50)
Pasto, Colombia
cidade e capital do departamento de Nariño, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pasto é un concello colombiano, capital do departamento de Nariño, cuxa cabeceira municipal ostenta o nome de San Juan de Pasto.[1] Atópase no suroeste do país, na rexión andina.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Nariño ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 410.835 (2023) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.181 km² ![]() | |||
Altitude | 2.527 m ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Sebastián de Belalcázar ![]() | |||
Creación | 1539 (Gregoriano) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 520001–520099 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 2 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | pasto.gov.co ![]() | |||
![]() |
Durante a época prehispánica formou parte do Imperio Inca,[2] asemade, foi o centro administrativo, cultural e relixioso da rexión desde a época colonial.[3] Durante o século XIX, por mor da aguerrida defensa da cidade que protagonizaron os seus habitantes na Independencia de Colombia, foi coñecida como «A Leoa dos Andes».[4] A cidade de Pasto é tamén coñecida como «Cidade sorpresa de Colombia».[4]
Como capital do departamento, alberga as sedes da Gobernación de Nariño, a Asemblea Departamental, o Tribunal do Distrito Xudicial, a Fiscalía Xeral da Nación, e en xeral sedes de institucións dos organismos do Estado.
A súa cabeceira municipal é a décimo sétima cidade máis poboada de Colombia.