![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/No-nb_bldsa_6e001.jpg/640px-No-nb_bldsa_6e001.jpg&w=640&q=50)
Pasaporte Nansen
From Wikipedia, the free encyclopedia
O pasaporte Nansen era un documento de identidade destinado a servir como documento de viaxe, expedido aos refuxiados de acordo coas disposicións dos instrumentos anteriores á guerra.[1]
Datos rápidos Tipo de texto, Data ...
Pechar
As cédulas ou tarxetas de identidade foron deseñadas por Fridtjof Nansen en 1922, como parte dos seus esforzos para facer fronte ao problema dos desprazados que xurdiu como consecuencia dos distintos conflitos armados do século XX (especialmente antes e despois da Primeira guerra mundial). Como resultado, Nansen foi nomeado Alto Comisionado para os Refuxiados da Sociedade de Nacións, e foi un factor que contribuíu á súa recepción do Premio Nobel da Paz.[2]