Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.
Tipo | Parque nacional Lugar de importancia comunitaria espazo natural protexido Parque Nacional de España | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Pyrénées – Mont Perdu World Heritage Site (en) Rede de Parques Nacionais de España | |||
Situado na entidade xeográfica | Monte Perdido | |||
Localización | ||||
División administrativa | Aragón, España e Provincia de Huesca, España | |||
| ||||
Características | ||||
Punto máis alto | Monte Perdido (3.348 m ) | |||
Superficie | 156 km² 15.690,61287 ha | |||
Especies conservadas | Faia, Abeto, Pinus mugo, oso pardo, Rebezo e Quebraosos | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 893 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES0000016 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 16 de agosto de 1918 e 1918 | |||
Actividade | ||||
Operador | Ministerio de Medio Ambiente de España | |||
Páxina web | miteco.gob.es… | |||
O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.
É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]
1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
624 510 | 601 500 | 603 004 | 624 263 | 635 876 | 657 045 | 622 014 | 619 700 | 582 800 | 592 100 | 616 700 | 617 950 | 616 600 | 617 500 | 614 059 | 621 500 |
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.