Parque Nacional Kruger
reserva de caza máis grande de Sudáfrica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional Kruger é a reserva de caza máis grande de Suráfrica. Ten máis ou menos o mesmo tamaño e forma de Gales, no Reino Unido, e unha superficie semellante á provincia de Cáceres, en España. Cobre 18.989 km² e esténdese por 350 km de norte a sur e 60 km de leste a oeste.
Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Parque Nacional Kruger | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 31 de maio de 1926 | ||
Superficie: | 18.989 km² | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | Suráfrica | ||
Provincias: | |||
Concellos: | |||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar
Ao leste e ao sur do Parque nacional Kruger hai dúas provincias surafricanas: Mpumalanga e Limpopo. Ao norte está Cimbabue e ao leste atópase Mozambique. Hoxe en día forma parte do Parque transfronteirizo do Gran Limpopo, un parque da paz que vincula ao Parque nacional Kruger co Parque nacional Gonarezhou en Cimbabue e ao Parque nacional Limpompo en Mozambique. Os canóns do parque Kruger foron nomeados Reserva da Biosfera pola UNESCO.[1]