![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Kyrgyzstan_Ala_Archa_National_Park_04.jpg/640px-Kyrgyzstan_Ala_Archa_National_Park_04.jpg&w=640&q=50)
Parque Nacional Ala Archa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional Ala Archa é un espazo protexido alpino nas montañas de Tian Shan de Kirguizistán, foi establecido en 1962 e fixa a uns 40 km ao sur de Bixkek. O parque, que inclúe o desfiladeiro do río Ala-Archa e as montañas que o rodean, é un destino popular para excursionistas, sendeiristas, esquiadores, así como os alpinistas que pesquisan retos de xeo e rochas. O parque cobre uns 200 quilómetros cadrados, e a súa altitude varía duns 1500 metros á entrada, a un máximo de 4895 metros no Pico de Semenova Tian-Shanski, o pico máis alto da cordilleira Ala Tau do Tian Shan. Hai máis de 20 glaciares e uns 50 picos de montaña no parque. Amais dous ríos máis pequenos, o Adygene e o Ak-Sai.[1][2]
Parque Nacional Ala Archa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 1976 | ||
Superficie: | 194 km² | ||
Lexislación: | — | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Rexión de Chuy | ||
Concellos: | — | ||
Ríos: | Río Ala-Archa (78 quilómetros) Río Ak-Sai (45.29 quilómetros)[1] Río Adygene (8.6 quilómetros)[2] | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | http://ala-archa.kg/ | ||
Teléfonos: | Contacto (+996)312507944 (+996)701551026 (+996)701551024 Oficina (+996)701551693 | ||
En lingua kirguiz, o Archa (Арча), que dá nome ao parque, é un cimbro brillante ou de moitas cores de moita tradición en Kirguizistán, que usando o fume da queima de madeira, os kirguiz escorrentan aos malos espíritos. Malia iso, o archa non se planta preto da casa, porque se cre que mina a enerxía dos poboadores que viven preto do lugar.