Parkersburg, Virxinia Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Parkersburg, localizada na confluencia dos ríos Ohio e Little Kanawha, é a terceira maior cidade do Estado de Virxinia Occidental. É a sede de condado de Wood e a cidade principal da área metropolitana Parkersburg-Marietta-Vienna.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Virxinia Occidental | ||||
County of West Virginia (en) | Condado de Wood (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.738 (2020) (932,07 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 13.119 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Parkersburg-Vienna, WV Metropolitan Statistical Area (en) (Poboación:89.490) | ||||
Superficie | 31,90534 km² | ||||
Auga | 4,3182 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Ohio | ||||
Altitude | 187 m-187 m | ||||
Creación | 1810 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Tom Joyce (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 304 | ||||
Páxina web | parkersburg-wv.com |
O Bureau of the Public Debt (Axencia da Débeda Pública), unha axencia do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, ten a súa oficina central nesta cidade.
Parkersburg foi orixinalmente chamada Newport cando foi trazada a finais do século XVIII. Unha parte da cidade foi deseñada sobre terras que gañou Alexander Parker polo seu servizo na Guerra Revolucionaria Americana. O conflito do nome entre Parker e os proxectistas da cidade de Newport resolveuse en 1809 en favor dos herdeiros de Alexander Parker. O pobo foi rebautizado por Parkersburg en 1810. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Virxinia en 1820 e elevada a cidade en 1860.
Parkersburg era a terminal da autoestrada Staunton-Parkersburg e da Northwestern Turnpike (Autoestrada do Noroeste). En 1857 o ferrocarril de Baltimore e Ohio construíu unha ramificación para o pobo. Durante a Guerra Civil Estadounidense foi importante nos transportes e un centro médico. Despois da guerra volveuse un punto de transporte de gas e petróleo.
Parkersburg áchase a 39°15'58" Norte, 81°32'32" Oeste.
Segundo o United States Census Bureau, a cidade ten unha área total de 31'6 km2, dos cales 30'6 km2 son terra firme e sobre 1.0 km2 é auga, é dicir, o 3'19% da área total é auga. Parkersburg localízase a aproximadamente 205 msnm.[1]
A cidade atópase na confluencia do Río Ohio e do Río Little Kanawha. O Little Kanawha divide a cidade nunha zona norte e noutra sur.
O clima de Parkersburg é cálido durante o verán con temperaturas de arredor dos 30 °C e moi frío durante o inverno, cando as temperaturas son inferiores aos 0 °C.
O mes máis quente é xullo, que ten unha temperatura máxima media de 35 °C, e o mes máis frío do ano é xaneiro, sendo a temperatura mínima media de -5 °C.
A variación de temperatura entre a noite e o día tende a ser moderada durante o verán cunha diferenza que pode alcanzar os seis graos Celsius, sendo un pouco máis elevado este índice no inverno, cando a diferenza rolda os oito graos Celsius.
A media anual de precipitación en Parkersburg é de 1000 mm.[2]
Parkersburg está atendido aereamente polo Aeroporto do Condado de Wood, con 3 voos diarios nos festivos cara ao Aeroporto Internacional Washington Dulles.
Beechwood, Downtown, Fairview Heights, Granada Hills, Julia-Ann Square, Meadowcrest, Oakwood Estates, Quincy Hill, Riverside, Woodland Park, North End, Worthington, East End
Larkmead, Marrtown, Pettyville, Tavennerville, Washington
O Parkersburg News e o Parkersburg Sentinel eran os diarios principais da cidade até que no 2009 se uniron para formar un único xornal, The Parkersburg News and Sentinel. A mesma compañía tamén publica o Marietta A.M. e o Graffiti, dúas revistas.
Hai moitas estacións de radio emitindo dende Parkersburg, como poden ser 106.1 Z106 (WRZZ),102.1 The River (WRVB), U.S. 107 WNUS, MIX 100 (WDMX), V96.9 (WVVV), WXIL, Froggy 99.1, e 103.1 The Bear.
WTAP, a filial local da NBC, é a principal telivisión local.[3]
Parkersburg posúe o Parkersburg High School Big Reds, o Parkersburg South High School Patriots, e o Parkersburg Catholic High School Crusaders.
Neste eido podemos encontrar as escolas de Van Devender, Edison, e Hamilton.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.