Pardela cincenta
From Wikipedia, the free encyclopedia
A pardela cinsenta, pardela cincenta[1], pardela cinsenta mediterránea[2] ou pardela cincenta mediterránea[3] (Calonectris diomedea) é unha ave mariña da familia Procellariidae.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Pardela cincenta | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Calonectris diomedea (Scopoli, 1769) |
Pechar
Esta pardela grande voa a bastante pouca altura, ás veces preto da costa, en pequenos grupos; con fortes ventos, voa moi ben. É abondosa no sur de Europa e fronte ao noroeste de África. No Mediterráneo, é bastante frecuente no verán, en illas e farallóns.
Preto das zonas de aniñamento, cando volta aos seus niños de noite, emite uns sons nasais e guturais até sobre poboacións, como Funchal en Madeira.