From Wikipedia, the free encyclopedia
O pardal alpino[2] ou pardal alibranco[3] (Montifringilla nivalis) é unha pequena ave paseriforme.
Pardal alpino | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu a descrición do pardal alpino na súa obra Ornithologie baseada nun espécime, pero sen especificar onde o recollera. Utilizou o nome francés Le pinçon de neige ou la niverolle e o latino Fringilla nivalis.[4] Aínda que Brisson acuñou os nomes en latín, estes non se axustaban ao sistema de nomenclatura binomial e non son recoñecidos pola Comisión Internacionl de Nomenclatura Zoolóxica.[5] Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linnaeus puxo ao día o seu Systema Naturae para a súa duodécima edición, engadiu 240 especies que foran previamente descritas por Brisson.[5] Unha destas era o pardal alpino. Linnaeus incluíu unha breve descrición, usando a nomenclatura binomial Fringilla nivalis e citando os traballos de Brisson. Linnaeus indicou como localidade tipo "América".[6] A localización tipo foi despois designada como Suíza.[7] O nome específico nivalis en latín significa "nival" ou "branco como a neve".[8] Esta especie está agora situada no xénero Montifringilla que foi introducido polo ornitólogo alemán Christian Ludwig Brehm en 1828.[9]
Recoñécense sete subespecies:[10]
É un paxaro grande e robusto de 16,5 a 19 cm de lonxitude. As partes superiores son marróns, as inferiores brancas e a cabeza gris. Ten un panel na á branco estreito e longo. En verán, o bico é negro e ten un papo negro, o cal desaparece en inverno á vez que o bico se fai amarelo. Os sexos son similares.
En voo, presenta ás negras con paneis das ás brancos grandes, e unha cola negra con beiras brancas. Esta ave ten unha canción parloteira con moitos trilos, e diversas chamadas vibrantes ou renxentes.
É unha especie reprodutora residente en montañas peladas, tipicamente por riba de 1 500 m, ao longo do sur de Europa (Pireneos, Alpes, Córsega, Balcáns) e a través de Asia central ata o oeste da China. En Galicia poden verse algúns en outono e inverno, pero son moi raros.[3] Nidifica en gretas ou toqueiras de roedores e pon de 3 a 4 ovos.
Aliméntase principalmente de sementes e dalgúns insectos. É destemido e busca alimento arredor das estacións de esquí. É resistente e raramente descende por debaixo dos 1 000 incluso durante o tempo invernal duro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.