xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
O Paranthropus é un xénero extinto de homínidos bípedes que probablemente descendía dos Australopithecus. Todas as especies de Paranthropus foron bípedes e a maioría viviron tamén no tempo no que as especies do xénero Homo, tamén descendentes dos Australopithecus, prevalecían. Os Paranthropus apareceron hai 2.6 millóns de anos, xusto antes do comezo do Plistoceno, e desapareceron hai 1,3 millóns de anos. O cerebro da maioría das especies de Paranthropus tiña o tamaño do 40% do cerebro do home actual, e tiña unha altura de entre 1,3 e 1,4 metros e vivían en zonas boscosas.
Os Paranthropus estaban adaptados a unha dieta de raíces e plantas, a diferenza do Homo que podía comer de todo.
O nome deullo Robert Broom en 1938, Paranthropus significa á beira do home, nun primeiro momento foron incluídos no xénero Australopithecino, e non foi ata mediados do século XX cando se comezou a diferencialos en diferentes xéneros.
As especies de Paranthropus estaban menos avanzadas intelectualmente cas especies de Homo, aínda que tiñan cerebros máis grandes cós Australopithecus. Hai mesmo evidencia que algunhas especies de Paranthropus usaban ferramentas semellantes ás que se usaba no baixo paleolítico, coñecido como cultura Olduvai, aínda que non tan avanzadas como as usadas polos Homo habilis. Os Paranthropus descoñecían o uso da linguaxe ou o control do lume.
Paranthropus Rango fósil: Plioceno-Plistoceno | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
†Paranthropus aethiopicus |
Paranthropus aethiopicus, Paranthropus boisei e Paranthropus robustus.
A primeira especie descuberta foi Parathropus boisei en 1959 por Mary Leakey na Garganta de Olduvai, en Tanzania, orixinalmente denominouno Zinjanthropus boisei, posteriormente coñecido como Australopithecus boisei ata que se creou o novo xénero, aínda que non hai consenso xeral entre os científicos e algúns aínda o seguen adscribindo ao xénero Australopithecus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.