From Wikipedia, the free encyclopedia
Os paracriptódiros (Paracryptodira) son unha infraorde extinta de da orde dos Testudines, orde de réptiles que inclúe ás tartarugas. Inicialmente considerada como unha suborde irmán do grupo dos criptódiros (Cryptodira),[1] agora considéranse como unha liñaxe moi primitiva dentro dos Cryptodira, de acordo co máis común uso deste último taxon.[2] Algúns criptódiros algo menos primitivos (por exemplo, as denominadas "tartarugas cornudas", familia Meiolaniidae) así como as formas actuyalmente viventes conforman o grupo Eucryptodira.[3]
Paracriptódiros (Paracryptodira) Rango fósil: xurásico - eoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Manchurochelys liaoxiensis (Baenoidea: Macrobaenidae) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
De acordo co concepto hoxe en desuso, os paracriptódiros comprendían dúas familias do cretáceo, a dos pleurostérnidos (Pleurosternidae) e a dos bénidos (Baenidae). Exemplares da primeira acháronse en América do Norte, Europa e, posibelmente, en Asia, mentres que a segunda coñécese só en Norteamérica.
De acordo co moderno entendemento, as familias Macrobaenidae e Neurankylidae separáronse da dos Baenidae para formaren as tres a superfamilia dos Baenoidea, cuxa monofilia, porén, require ser confirmada. Adicionalmente, existen un certo número de familias máis basais, así como algúns taxons de posición incerta no que concirne a Baenoidea:[4]
Os Macrobaenidae, outro grupo de criptódiros que pode ser realmente unha agregación parafilética, son ás veces situados tamén, parcial ou totalmente, entre os paracriptódiros.
Os paracriptódiros teñen unha exposición reducida prefrontal na superficie dorsal do cranio, unha reducida fenestra perilinfática e unha crista supraoccipital secundariamente reducida.[2] No cranio, o foramen posterior do canal carotídeo interior localízase nunha posición media ao longo da superficie da sutura basisfenoide-pterigoide.[1]
└─o Testudines ou Rhaptochelydia └─o Casichelydia ├─o Pleurodira │ └─o Eupleurodira │ └─o Pelomedusoides │ └─o Pelomedusoidea │ └─o Podocnemidoidea └─o Cryptodira └─o Selmacryptodira ├─o Paracryptodira (extinta) └─o Eucryptodira └─o Centrocryptodira └─o Polycryptodira └─o Procoelocryptodira ├─o Chelonioidea │ └─o Dermochelyoidea └─o Chelomacryptodira ├─o Testudinoidea └─o Trionychoidea
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.