![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Erithacus_rubecula_with_cocked_head.jpg/640px-Erithacus_rubecula_with_cocked_head.jpg&w=640&q=50)
Paporroibo
especie de paxaro / From Wikipedia, the free encyclopedia
O paporroibo,[2] tamén coñecido como paporrubio,[2][3] peizoque,[4] paifoco[2], pisco[2] (Erithacus rubecula) ou paparruxa,[5] é un pequeno paxaro insectívoro e paseriforme da familia dos muscicápidos, que outrora foi clasificado dentro da familia dos túrdidos. Cun tamaño de 12,5–14,0 cm de lonxitude, o macho e a femia son semellantes en coloración, cun papo laranxa e rostro revestido de capas grises, marróns e unha barriga branca. Está presente en Europa, oeste de Siberia e África do Norte; é sedentario na maioría dos seus hábitats agás nas rexións máis setentrionais.
Paporroibo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar en Lancashire, no Reino Unido. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Erithacus rubecula Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
![]() Distribución en Galicia. | |||||||||||||||
![]() Distribución da especie Todo o ano Só en verán Só en inverno | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
7–10, véxase o texto. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Motacilla rubecula Linnaeus, 1758 |
O termo paporroibo tamén é aplicado a outro paxaro doutra familia con papo alaranxado ou vermello. Trátase do paporroibo real (Pyrrhula pyrrhula), que é unha especie eurasiática da familia dos frinxílidos.