From Wikipedia, the free encyclopedia
Os papiros de Kahun (tamén chamados papiros de Lahun) son unha colección de antigos textos exipcios redactados en escritura hierática, encontrados o ano 1889 na vila obreira de Lahun (ou Kahum, como se coñece habitualmente), Exipto, polo exiptólogo Flinders Petrie. Reproducen outros escritos máis antigos e inclúen, entre outras cosas, un tratado de matemáticas e outro de obstetricia, que revelan coñecementos médicos cuxa orixe pode remontarse até o 3000 a. C.
Consérvanse no University College de Londres. Esta colección de papiros é unha das máis grandes encontradas até hoxe. A maioría dos textos están datados en ca. 1825 a. C., até o reinado de Amenemhat III. En xeral, a colección abarca o Imperio Medio de Exipto.[1]
A cidade de Hetep Senusret, situada no que hoxe é o poboado da rexión de Al Fayum chamado en árabe al-Lāhūn, foi escavada en 1888-1889 por Flinders Petrie, quen transcribiu equivocamente o nome por Kahun, denominación que se transmitiu a unha parte considerábel da bibliografía.
Os fragmentos foron restaurados e traducidos por F. L. Griffith,[2] aínda que algúns foron imposíbeis de descifrar polo seu mal estado de conservación.
Os textos abarcan unha gran variedade de temas:
O contido matemático analízase con todo detalle no libro de Sylvia Couchoud, Mathématiques Égyptiennes. Recherches sur les connaissances mathématiques de l’Égypte pharaonique,[7] que analiza tamén o contido matemático do papiro de Rhind, o papiro de Moscova e outros.
Comprenden:
Tamén dan conta dunha serie de observacións médicas e veterinarias e de remedios que se utilizaban no antigo Exipto para tratar problemas de xinecoloxía e obstetricia, como o tratamento das enfermidades da vaxina e do útero, así como métodos para o diagnóstico do embarazo e a determinación do sexo do feto, e se dá unha receita para un preparado contraceptivo: un supositorio vaxinal feito con feces de crocodilo, mel e carbonato de sodio. É o primeiro documento escrito acerca da influencia da música sobre o corpo humano.
Os papiros testemuñan a presenza da veterinaria no antigo Exipto. Describen enfermidades do gando e o seu tratamento, así como enfermidades de animais de compañía, como cans e gatos. Ademais de ritos máxicos, os tratamentos preventivos e curativos de doenzas dos animais incluían baños fríos e quentes, fregas, cauterizacións, sangrías, castración, redución de fracturas etc.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.