Pantelleria
comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
comuna italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Pantelleria (siciliano: Pantiddirìa), a antiga Cossyra (árabe:قوصرة Qawṣra, Maltés: Qawsra, agora Pantellerija, grego antigo Cossyra, Κοσσύρα, como era coñecida no período romano), é unha illa italiana no estreito de Sicilia no mar Mediterráneo, situada a 110 km ao suroeste de Sicilia e a a 70 km ao leste da costa tunisiana. Tunisia é visible en días despexados. Administrativamente, a illa pertence á provincia de Trapani e ten só un municipio, que leva o mesmo nome da illa (comune di Pantelleria) e cuxa poboación en 2015 era de 7715 habitantes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Pantelleria (it) Pantiḍḍirìa (scn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Free municipal consortium (en) | Free Municipal Consortium of Trapani (en) | ||||
Capital | Pantelleria (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.352 (2023) (86,98 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 84,53 km² | ||||
Medición | 8,4 () × 13,7 () km | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Fortunatus of Casei (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 91017 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0923 | ||||
Identificador ISTAT | 081014 | ||||
Código catastral italiano | G315 | ||||
Páxina web | comunepantelleria.it | ||||
Cunha superficie de 83 km², é a illa volcánica máis grande de Sicilia. A última erupción ocorreu en 1891 baixo o nivel do mar, e hoxe en día pódense observar fenómenos relacionados coa actividade volcánica, como as augas termais e as fumarolas.
O pico máis alto, chamado Montagna Grande, alcanza os 836 m. sobre o nivel do mar. A illa é fértil, pero carece de auga doce. A cidade principal, cunha poboación de aproximadamente 3.000 habitantes, está no noroeste, no único porto (soamente apto para os pequenos vapores), que está fortificada. Había unha colonia penal aquí.
As exploracións arqueolóxicas desenterrou vivendas e artefactos de 35.000 anos de idade.
A poboación orixinal de Pantelleria non procedía de Sicilia, eran iberos ou ibero-ligures. Logo dun intervalo considerable, durante o cal a illa probablemente permaneceu deshabitada, os Cartaxineses tomaaron posesión dela (sen dúbida debido á súa importancia como unha escala no camiño a Sicilia) probablemente ao redor do principio do século VII AC, ocupando como a súa Acrópole os outeiros xemelgos de San Marco e Santa Teresa, ao sur da cidade de Pantelleria. A cidade ten restos considerables de muros feitos de bloques rectangulares de cachotería, e tamén de varias cisternas. Descubríronse tumbas púnicas, e terracotas votivas nun pequeno santuario do período púnico preto da costa norte.
Os romanos ocuparon a illa segundo quedou rexistrado nas Fasti triumphales no 255 Ac, perderona outra vez o ano seguinte, e recuperárona no 217 Ac. Baixo o Imperio Romano serviu como lugar de desterro para persoas prominentes e membros da familia imperial. A cidade gozaba de dereitos municipais.
No 700 dC, os árabes conquistaron a illa e nomeárona بنت الرياح Bint al-Riyāḥ 'filla dos ventos'. Que representaba os fortes ventos que xorden na costa norte de África. En 1123 Roxerio II de Sicilia tomou a illa, e en 1311 unha frota da Coroa de Aragón, baixo o mando de Lluís de Requesens, logrou aquí unha vitoria considerable. A familia Requesens convertéronse en príncipes de Pantelleria ata 1553, cando os turcos capturaron a illa. Disputouse unha batalla naval preto da illa en xullo de 1586 cando unha frotiña armada da Compañía do Levante inglesa de cinco naves logrou repeler un ataque de once galeras españolas e maltesas.
Un dialecto similar ao maltés foi o idioma vernáculo da illa ata finais do século XVIII, cando as linguas románicas, Sicilianas, substituírona. A lingua siciliana moderna en Pantelleria contén moitos préstamos do árabe, e a maior parte dos nomes de lugar da illa son de orixe semítico.
A captura de Pantelleria considerouse crucial para a Operación Husky, a invasión aliada de Sicilia en 1943, xa que os avións con base en Pantelleria podían chegar facilmente a Sicilia. Na Operación Tirarrollas os aliados bombardearon fortemente Pantelleria desde o aire e o mar nos días previos á invasión. A gornición rendeuse cando as tropas de desembarco achegáronse. Pantelleria converteuse entón nunha base vital para os avións aliados durante o asalto a Sicilia.
Datos climáticos para Pantelleria 1971-2000 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 21,6 | 23,8 | 27,8 | 31,8 | 36,6 | 41,2 | 41,4 | 41,8 | 40,5 | 34,0 | 25,8 | 23,0 | 41,8 |
Media máxima en °C | 13,9 | 14,0 | 15,2 | 17,7 | 21,9 | 25,7 | 28,2 | 29,0 | 26,5 | 22,6 | 18,1 | 15,1 | 20,66 |
Media diaria en °C | 11,9 | 11,8 | 12,8 | 14,8 | 18,6 | 22,2 | 24,7 | 25,7 | 23,4 | 20,1 | 15,9 | 13,1 | 17,92 |
Media mínima en °C | 10,0 | 9,6 | 10,3 | 11,9 | 15,2 | 18,7 | 21,3 | 22,4 | 20,4 | 17,5 | 13,8 | 11,1 | 15,18 |
Temperatura mínima en °C | 1,0 | 2,0 | 1,8 | 4,6 | 9,4 | 11,0 | 15,2 | 15,0 | 13,4 | 9,0 | 5,0 | 2,6 | 1 |
Chuvia media mm | 76,3 | 51,3 | 37,5 | 32,9 | 15,1 | 4,2 | 1,9 | 3,7 | 49,9 | 72,1 | 89,0 | 67,8 | 501,7 |
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) | 8,7 | 7,9 | 6,0 | 5,4 | 2,5 | 0,9 | 0,2 | 0,6 | 3,4 | 6,6 | 8,3 | 8,2 | 58,7 |
Media de horas de sol mensuais | 124,0 | 138,4 | 186,0 | 207,0 | 257,3 | 282,0 | 322,4 | 310,0 | 237,0 | 201,5 | 156,0 | 124,0 | 2 545,6 |
Fonte: Atlante climatico frommeteoam.it |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.