From Wikipedia, the free encyclopedia
O panteísmo[1] é a crenza de que absolutamente todo e todos compoñen un Deus abranguente, e inmanente,[2] ou que o universo (ou a natureza) e Deus son idénticos.[3] Sendo así, os adeptos desta posición non cren nun deus persoal, antropomórfico ou creador. Aínda que existan diverxencias dentro do panteísmo, as ideas principais din que Deus se atopa en todo o cosmos como unha unidade abranguente e polo tanto é inaceptábel no panteísmo o politeísmo (adoración e crenza en varios deuses), pois as divindades son tidas como aspectos distintos do absoluto.[4]
O panteísmo foi popularizado na cultura occidental tanto como unha teoloxía canto unha filosofía baseada na obra de Baruch de Spinoza,[5] que escribiu o tratado Ética,[6] unha resposta á famosa teoría de Descartes sobre a dualidade do corpo e do espírito.[7] Spinoza declarou que ambos eran a mesma cousa, e este monismo terminou sendo unha calidade fundamental da súa filosofía. El empregaba a palabra "deus" para describir a unidade de calquera substancia. Aínda que o vocábulo "panteísmo" non fose inventado durante o seu tempo de vida, hoxe Espinosa é considerado como un dos máis célebres defensores da crenza.[8] Unha ida panteísta tamén foi asumida polo filósofo e cosmólogo do século XVI Giordano Bruno.[9]
A palabra derívase do grego pan (que significa "todo") e theos (que significa "deus").[10] A primeira vez que apareceu o vocábulo en latín foi na obra de 1697 escrita por Joseph Raphson titulada De Spatio Reali seu Ente Infinito,[11] en que se refire ao "pantheismus" de Spinoza e outros.[12]
De entre as doutrinas occidentais, o panteísmo é unha das que máis se aproxima ás filosofías orientais como o budismo, o xainismo, o taoísmo e o hinduísmo. É tamén a liña filosófica que máis se achega á filosofía hermética do antigo Exipto, onde o principal obxectivo é facer parte da conspiración universal (ou conspiración cósmica).
No panteísmo, Deus ten tamaño igual ao universo. En cambio, no panenteísmo, Deus está dentro do universo, mais existe tamén fóra del.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.