Palacio da Ópera da Coruña
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Pazo da Ópera da Coruña | |
---|---|
Vista da fachada. | |
Mapa de Galiza | |
Enderezo | Glorieta de América, 15004 A Coruña |
Cidade | A Coruña |
País | Galiza |
Propiedade de | Concello da Coruña |
Capacidade | 1.805 |
Uso actual | Teatro, danza e música |
Páxina web | www |
O Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición.[1]
Os terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro.[2]
O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía.[2] En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera.[1][3]
Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera.[1][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.